Páginas


viernes, 24 de febrero de 2012

Itera 1ª aplicacion gratuita para la TDT




La Xunta pone en marcha iTera, una aplicación para móbiles de nueva generación que ofrece información precisa sobre la cobertura de TDT en toda Galicia.

A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Medios, ven de presentar a posta en marcha de iTera, unha aplicación para teléfonos móbiles de nova xeración, -os chamados smartphones- e para os tablets, dirixida principalmente a técnicos e instaladores de telecomunicación, pero que pode utilizar calquera cidadán de balde e que permite determinar o grado de cobertura de TDT do lugar onde nos atopamos, os canles que se reciben, os centros emisores que nos prestan o servizo e a configuración e orientación da antena de recepción nos nosos fogares.
Esta nova aplicación foi presentada hoxe aos instaladores de telecomunicacións nun acto presidido polo secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro, e no que tamén participaron o director xerente de Retegal, José Ángel Abeal, e a presidenta da Asociación Galega de Instaladores de Telecomunicacións, Susana Vila.
Tal como se puxo de manifesto iTera é una aplicación de realidade aumentada, xa que utilizando a cámara de fotos, o GPS e a conexión do noso smartphone, permite ver na pantalla do teléfono os centros emisores de TDT, con tódolos datos técnicos, e calcula o grado e nivel de sinal de cada un dos múltiplex dixitais, dando unha información moi precisa sobre a TDT para calquera punto de Galicia.
A necesidade deste tipo de servizos fíxose evidente durante os procesos de transición á TDT, xa que no caso concreto de Galicia contábase con case 40.000 entidades de poboación singularizadas, 400 centros emisores de TDT, o que facía moi difícil coñecer as circunstancias técnicas de cobertura de cada aldea e lugar. Isto solucionouse coa posta en marcha da páxina web da TDT en Galicia, www.tdtgalicia.es, que permite que os cidadáns teñan acceso por Internet aos detalles da información técnica da cobertura. A aplicación iTera vai máis alá. Agora, a través dun teléfono móbil de nova xeración, é posible ter unha información moito máis precisa e con máis detalle, coa singularidade de que se simula nun entorno de realidade aumentada, mesturando imaxes reais da cámara do teléfono con imaxes virtualizadas e mapas dos detalles técnicos dos centros emisores.
Esta aplicación dispón de dous módulos, un de información sobre a recepción do sinal de TDT e outro de comunicación de incidencias de cobertura.
O primeiro módulo axiliza e optimiza a busca do mellor servidor de TDT, indicando as mellores orientacións para a recepción do sinal de televisión nunha ubicación determinada, ordenadas segundo o número de canles, o nivel de sinal estimado e a distancia. De forma gráfica e intuitiva amósase para cada centro de difusión a distancia e orientación (cara onde se debe apuntar a antena receptora), as canles que emite e a polarización.
O segundo módulo da ferramenta iTera permite que o instalador comunique posibles incidencias de cobertura da sinal da TDT de forma inmediata desde o lugar de traballo utilizando o seu dispositivo móbil. Así, a través dun formulario, e de xeito moi rápido e sinxelo, o instalador pode sinalar as deficiencias de recepción de cada un dos múltiples de TDT. Coa información recompilada pode axustarse o modelo teórico de cálculo de coberturas utilizando pola Oficina Técnica da TDT de Galicia.
Aínda que xa existen outras aplicacións de realidade aumentada, iTera é a primeira aplicación de balde e pública relacionada coa TDT, con este nivel de detalle técnico que está a disposición da poboación en xeral.
Simplificación da información e antenización nos fogares
A aplicación iTera terá unha utilización moi importante nos vindeiros meses, xa que cidadáns e empresas instaladoras de telecomunicación poderán simplificar moito a información e antenización dos fogares debido aos cambios de frecuencias da TDT do chamado Dividendo Dixital que se producirá a partires deste ano.
Tamén será utilizado especialmente no eido rural, identificando dun xeito máis concreto as zonas onde se producen interferencias, de pouca calidade de recepción e que terán que acceder ao servizo a través da solución satélite.
Fonte: Xunta de Galicia

No hay comentarios:

Publicar un comentario