La Xunta pone en marcha iTera, una aplicación para móbiles de nueva generación que ofrece información precisa sobre la cobertura de TDT en toda Galicia.
A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Medios, ven de presentar a posta en marcha de iTera, unha aplicación para teléfonos móbiles de nova xeración, -os chamados smartphones- e para os tablets, dirixida principalmente a técnicos e instaladores de telecomunicación, pero que pode utilizar calquera cidadán de balde e que permite determinar o grado de cobertura de TDT do lugar onde nos atopamos, os canles que se reciben, os centros emisores que nos prestan o servizo e a configuración e orientación da antena de recepción nos nosos fogares.
Esta nova aplicación foi presentada hoxe aos instaladores de telecomunicacións nun acto presidido polo secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro, e no que tamén participaron o director xerente de Retegal, José Ángel Abeal, e a presidenta da Asociación Galega de Instaladores de Telecomunicacións, Susana Vila.
Tal como se puxo de manifesto iTera é una aplicación de realidade aumentada, xa que utilizando a cámara de fotos, o GPS e a conexión do noso smartphone, permite ver na pantalla do teléfono os centros emisores de TDT, con tódolos datos técnicos, e calcula o grado e nivel de sinal de cada un dos múltiplex dixitais, dando unha información moi precisa sobre a TDT para calquera punto de Galicia.
A necesidade deste tipo de servizos fíxose evidente durante os procesos de transición á TDT, xa que no caso concreto de Galicia contábase con case 40.000 entidades de poboación singularizadas, 400 centros emisores de TDT, o que facía moi difícil coñecer as circunstancias técnicas de cobertura de cada aldea e lugar. Isto solucionouse coa posta en marcha da páxina web da TDT en Galicia, www.tdtgalicia.es, que permite que os cidadáns teñan acceso por Internet aos detalles da información técnica da cobertura. A aplicación iTera vai máis alá. Agora, a través dun teléfono móbil de nova xeración, é posible ter unha información moito máis precisa e con máis detalle, coa singularidade de que se simula nun entorno de realidade aumentada, mesturando imaxes reais da cámara do teléfono con imaxes virtualizadas e mapas dos detalles técnicos dos centros emisores.
Esta aplicación dispón de dous módulos, un de información sobre a recepción do sinal de TDT e outro de comunicación de incidencias de cobertura.
O primeiro módulo axiliza e optimiza a busca do mellor servidor de TDT, indicando as mellores orientacións para a recepción do sinal de televisión nunha ubicación determinada, ordenadas segundo o número de canles, o nivel de sinal estimado e a distancia. De forma gráfica e intuitiva amósase para cada centro de difusión a distancia e orientación (cara onde se debe apuntar a antena receptora), as canles que emite e a polarización.
O segundo módulo da ferramenta iTera permite que o instalador comunique posibles incidencias de cobertura da sinal da TDT de forma inmediata desde o lugar de traballo utilizando o seu dispositivo móbil. Así, a través dun formulario, e de xeito moi rápido e sinxelo, o instalador pode sinalar as deficiencias de recepción de cada un dos múltiples de TDT. Coa información recompilada pode axustarse o modelo teórico de cálculo de coberturas utilizando pola Oficina Técnica da TDT de Galicia.
Aínda que xa existen outras aplicacións de realidade aumentada, iTera é a primeira aplicación de balde e pública relacionada coa TDT, con este nivel de detalle técnico que está a disposición da poboación en xeral.
Simplificación da información e antenización nos fogares
A aplicación iTera terá unha utilización moi importante nos vindeiros meses, xa que cidadáns e empresas instaladoras de telecomunicación poderán simplificar moito a información e antenización dos fogares debido aos cambios de frecuencias da TDT do chamado Dividendo Dixital que se producirá a partires deste ano.
A aplicación iTera terá unha utilización moi importante nos vindeiros meses, xa que cidadáns e empresas instaladoras de telecomunicación poderán simplificar moito a información e antenización dos fogares debido aos cambios de frecuencias da TDT do chamado Dividendo Dixital que se producirá a partires deste ano.
Tamén será utilizado especialmente no eido rural, identificando dun xeito máis concreto as zonas onde se producen interferencias, de pouca calidade de recepción e que terán que acceder ao servizo a través da solución satélite.
Fonte: Xunta de Galicia
No hay comentarios:
Publicar un comentario